|
#1
|
|||
|
|||
|
Como homenaxe a nova foreira Amalia Branco hoxe intitulamos o tema na lingua dos irmas portugueses.
Bem vinda Amalia, entra e participa.
__________________
FelinoAvelino
|
|
#2
|
|||
|
|||
|
La verdad, estoy comenzando a no entenderte, feliave. ¿Que pretendes con eso de que tu no quieres ir a La Estrada y hablando en idioma extranjero?
La Estrada es una villa muy bonita. ¡Quien le diera a la Redondela esta que me va a dejar para gobernar el ladino que tu y yo sabemos! Ojalá tenga yo cuatro o cinco mandatos para darle otro aire más elegante y más chic, como corresponde a una villa que, bajo mi mandato, llegará a ser un referente en toda España. Feliave, déjate de chorraditas, vuelve a hablar en ese idioma tuyo que yo tanto amo y quiero, por ser el idioma que usaba mi padre cuando traia las patatas desde La Limia y date una vuelta por La Estrada, por Lalín y por Silleda, para que veas como son las villas gobernadas por mi partidito Popular. Hala, te dejo, que hoy no tengo más tiempo para dedicartelo, que aún no eres tan viejo como aparentas. Postdata: ¿Viste la tontería esa que inauguraron el alcaldito y el teniente de alcaldito en el Salgueiral? Ja, me rio yo de esa forma de hacer propagandita con los viejitos. |
|
#3
|
|||
|
|||
|
Ten vostede toda a razón para encresparse das crines e tirarse da língua, a estes malandrines e bellacos hai que pararlles os pes.
Con respecto a este s.ss.q.b.s.pp, leva un camiño errado se pensa que por unha señora de Vila Nova de Cerveira (puro e duro estranxeiro) deixo a vosté de situala no seu lugar. Estou facendo unha campaña de alto nível, con vostede e o cabreiro do siñor Adriano, posiblemente fagamos anexión do Portugal do Norde, chéganos ata Coimbra, e logo pode vostede que é fresca e lozana a aspirar a Presidenta do novo país: PORTU-GALI e pouco a pouco comezamos a que todos falemos a língua do imperio colonial: o injlés. Pénseo se é capaz. Consúlteo cun confesor (eles son da virxe de Fátima) ou cun avogado. Eses non enganan. Aos seus pés e pés.
__________________
FelinoAvelino
|
|
#4
|
|||
|
|||
|
Avelino Felino e a canaleta da senhora Paquita estão fazendo a causa comúm para invadir Portugal. Embora conquistem tudo, sempre será deixado forte uma vila inconquistable: Vila Nova da Cerveira.
Chamamento: irmaus galegos de coraçao e pátria, bos e xenerosos, non permitades as canallescas falcatruadas da senhora dos canales e do Felino do partido popular. En pé. Que vexa a vila podre, coveira da canalla, as freguesías que traballan disposta pra loitar. Se precisamos de cantar "Cerveira, Vila Morena", farémolo.
__________________
Amália Branco |
|
#5
|
|||
|
|||
|
Uiiiiii Paquiña que estaste a buscar problemas alén da liña....
Ainda vai ter que ir Touri a arranxar este desaguisado diplomático. |
|
#6
|
|||
|
|||
|
Cita:
Non comprendo, como una persoa rezen chejada o foro e sen conocimento de Redondela, pode acusar a nosa presidenta locai do PP de qerer inbadir Portugal. Ijual bostede pensa que a sua chejada sinificaria o fin da terra dos toayeiros, pois quivocase de cavo a ravo, Paqui seria a mais digna mandataria que calqueira comunidade de beziños, rua, parroquia, aldea, pobo, vila, cidade, deputacion, comunidade autonoma ou estado que a quiseran tener. Ela, a futura alcaldesa da nosa bila juntara a todo-los galegos e os convidara a un gran polbo na feira para lojo encamiñarnos todos xuntos a recuperar o noso territorio toayeiro, como fixo Asnar cos moros. Para lojo cantar todos xuntos "Ya hemos pasao" |
|
#7
|
|||
|
|||
|
Retomando o tema da auto estrada esta de marras, unha vez lido o titular da noticia de hoxe no Falo de Virgo, onde a Plataforma esixe outro pleno municipal e xuntarse con Fomento, teño que dicir que xa vai sendo hora de que o comentarista deportivo de Falo de Virgo en Redondela, don Antonio PInacho, comece a falar cunha certa propiedade, é dicir: empregando as palabras con acerto.
Está a utilizar nas súas crónicas (sempre), a palabra "ronda" para referirse á autoestrada que ao principio pensabamos variante da estrada nacional. Pois ben, señor Pinacho, ronda, o que se di ronda, nunca o será. Ronda sería unha estrada que circundase o casco urbano, señor Pinacho, e facendo titulares dese estilo o que está a facer é a confundir e non dicir a verdade. Fale con propiedade, aínda que lle foda ao seu vigués medio de descomunicación e diga autoestrada con entrada en Arcade e saída no aeroporto, pasando polo medio de Redondela. Se usa esas palabras estará a usar o dicionario debidamente, e se non as usa delatará ou ben o pouco dominio da súa fala (algo que non debera de ter alguén que pasou pola escola dos periodistas en Madrid), ou mala fé, que supoño orixinada non en vostede senón no seu medio. |
|
#8
|
|||
|
|||
|
Hola a tod@s:
La verdad es que soy bastante reciente en este foro, es la segunda vez que escribo y ya son varias las que lo leí. Al igual que la otra vez, me presento como un miembro más de la Plataforma. La verdad es que el comentario final es excelente, la rueda de prensa de ayer por la tarde que se recoge hoy era para fundamentar claramente que se trata de una autovía. La pasada semana llegó al concello de Redondela la memoria Resumen para consultas medioambientales del proyecto de autovía de la A-57 con el aeropuerto de Peinador. Y despues de llamarle inútiles a las Variantes, porque se lo llama, dice claramente que lo que se está estudiando ahora es unir las Variantes por el Norte y Por el Sur. Arcade-Peinador. La verdad es que si a alguien le quedaban dudas...Que las vaya disipando. En esta memoria resumen, de la que habrá noticias en los próximos días (doy ve que las habrá), se marcan unos corredores, uno de ellos el denominado corredor Oeste que coincide con los trazados de las variantes, que es el que tiene un peligro brutal para Redondela. Pero como digo, habrá novedades en los próximos días. Sin más dilación voy a incluír aquí y tomandome la licencia el manifiesto que leímos el día de la concentración. La parte de Vicente Romo está algo modificada pk el autor es distinto ( no se equivoquen, tb de la Plataforma) pero la esencia es la misma. Un saludo a todos y espero visitar más página. Xa choveu moito dende a ultima vez en que nos congregamos todos aquí para manifestarnos en contra da nosa división, xa choveu moito dende aqueles alegacións de última hora. Pero desgraciadamente choveu para mal, pouco a pouco nos fomos dando conta de que isto non era unha variante, isto trátase dunha AUTOVÍA con todas as letras, unha autovía innecesaria dende Arcade a Peinador. Unha autovía que nos divide a todos e que non soluciona nada. Dende o Ministerio, dende Madrid, queren que nos pase unha autovía por enriba das nosas cabezas. E ante isto debémonos de opoñer, porque nesta autovía vainos o futuro. O noso futuro está en xogo. E ante isto que din os noso supostos representantes, non din nada, estiveron parados, tivemos que movernos pola nosa conta, e seguirán así sempre. Sen embargo temos a obriga de esixir, esixirlle que nos representen, que miren polo noso futuro, porque están obrigados, teñan a obriga e o deber de representarnos e así témosllo que facer saber. Teñen que defendernos, cada un dos 21 representantes teñen que loitar con todas as súas forzas para que non sexamos atravesados e divididos por unha autovía. Inda hoxe o alcalde sae na prensa dicindo que será el o primeiro en opoñerse as Variantes. Vive noutro mundo, noutro planeta, chega o ultimo e chega mal, e o único a día de hoxe en toda Redondela que non sabe que nos queren esnaquizar cunha autovía dende Arcade a Peinador. Dende o primeiro día estivo parado e agora quere subirse a un carro que pasou 5 estacións mais adiante. Sen embargo, tanto el como os demais 20, tanto goberno como oposición deben encabezar isto, teñen a obriga de facelo que para algo son elixidos, non son ningunha casta, non son os propietarios do seu posto, son os nosos representantes e teñen a obriga de morrer por esta causa. Se algún se atreve a dudar, se algún de non ten a intención de parar isto, se algún deles quere que quedemos soterrados, se algún non se atreve a morrer polo noso concello, pola nosa vila e polo noso futuro, debe saber que o vai pagar, que o vai pagar moi, moi caro. REDONDELA ESTÁ AMEAZADA. Desgraciadamente, non podemos fiarnos deles, ata agora, non demostraron nin a voluntade, nin a capacidade de solucionar este problema. Precisamente por iso , estamos hoxe todos aquí, para decir que non queremos unha Autovía por Redondela, porque se nos quedamos quietos, estamos condenados, Redondela e as suas parroquias están condenadas, non nos podemos quedar na casa e ver como nos destrozan. Temos moitos exemplos aquí na vila e nos nosos arredores, de que se os veciños nos movemos e nos implicamos conseguimos os nosos obxetivos. Isto é o que a nós nos corresponde A única maneira de parar isto é saír a rúa, e berrar, berrar todos xuntos e ben alto, que non queremos esta autovía, unha autovía que nos condena, unha autovia que barre e divide as nosas casas, barrios e parroquias. Non queremos unha autovía por Redondela,. Non, non e non!!!!!!! Temos nas nosas mans o futuro, e a nosa maneira de vivir. Se queremos seguir tendo: As nosas leiras Disfrutar de paseos tranquilos sen pasar baixo tubos de cemento Asomarnos por unha venta e non mirar tódolos dias unha autovia co seu tráfico e o seu ruido Que os camiños que hoxe temos non se convirtan en vias mortas Manter os nosos regatos, rios, manantiais e acuíferos Os nosos vales e as nosas paisaxes Os nosos veciños, amigos e familiares preto das nosas casas e non separados pola Autovía Se queremos ter terra para seguir crecendo e non ter toda a vila afectada Defendámonos Que non nos mintan, que non nos vendan envoltos en palabras de progreso, futuro e modernidade a morte da Redondela que hoxe coñecemos. Ainda teñen que diseñar os trazados da futura Autovia, non é como outros proxectos que están rematados e que sepan tódolos dias en Fomento, en Madrid, que non queremos esta barbarie. Nós, coma cidadáns temos a nosa responsabilidade, velar pola nosa calidade de vida, e impedir que nola destrocen, non podemos limitarnos a deixar este ben, nas mans do nosos supostos “representantes”, somos capaces de mover montañas se queremos, e temos que reflexionar sobre o que ata agora conseguimos, que non é pouco, a unidade dun pobo, porque todos somos afectados, e temos que ser conscientes de que vivimos uns momentos moi importantes e vitais na nosa vila. Esta é unha situación crítica e drámatica para nosa vila, e para nós como pobo, onde se nos vai moito, o noso futuro, o futuro dos nosos fillos, e o futuro dos nosos netos. E temos a obriga como cidadáns de estar a altura das ciurcunstancias e defendernos todos unidos e sen cores políticas. AUTOVIA POR REDONDELA NON, GRAZAS. |
|
#9
|
|||
|
|||
|
Hai moito, pero que moito, moito tempo, como se diría nos vellos contos nos que había unha moza presa e un monstro que a raptara, escoitei dicir ao falar da animalada de construír unha mini cidade no medio da finca de Pousadouro, en Reboreda, composta por non sei cantas torres de baixo, tres pisos e ático que, como toda esa xente que iría a vivir alí non tería acubillo físico cos seus coches pola estrada que baixa dende Reboreda a Redondela, o alcaide desta prisión denominada Redondela manifestara/imaxinara (é moi imaxinativo este homiño), que a solución pasaba por facer unha estrada para esta mini cidade que fose dar, dende Pousadouro, ata o lugar da Pantalla, en Cesantes. Así se evitaba o trasfego desa xente foránea polo centro de Redondela.
Agora, co rolo este da variante, circunvalación, ronda, bla,bla,bla, permítaseme ser mal pensado, ou trátenme incluso de paranoico, porque lles vou dicir que isto da autoestrada de Arcade ao aeroporto, para levar máis axiña ás raparigas de Arcade en viaxe de vodas a Cancún, xa estaba planificado cando se modificou aquel vello plan de edificar en Pousadouro chalés emparellados por unha mini cidade erguida sobre torres. E isto, se é así, estaba pensado, e recapacitado, e tratado en conclave política, por todos os grupos políticos que compoñen a corporación municipal moito antes de 2004. Non me estrañaría nada que, co tempo, se descubrise que este meu soño paranoico correspóndese cunha miserable realidade imaxinada por un alma aínda máis miserable. Igual algún dos túzaros e canallescos concelleiros ergue dedos ten algún ápice de dignidade e o conta cando, xa vello, non teña modo de facer durmir aos seus netos. P.D.: Mañán ou pasado falarei da entrevista que lle fixeron a don Xaimiño na folla parroquial denominada Atlántico ou Mediterráneo. |
|
#10
|
|||
|
|||
|
Despois de ler a entrevista que lle fan ao noso dilecto procer, senador, excelentísimo e alcaide no Atlántico Mediterraneo, cheguei á conclusión de que foi el mesmo un dos culpables de que teñamos pendiente esa espada de Damocles enriba das nosas cabezas, denominada variante, rolda, circunvalación, etc, e que non é outra cousa máis ca unha infraestructura pensada para levar aos de Arcade ao aeroporto de Cancún.
Fora da coña, suxiro a felinoavelino que nos faga chegar unha páxina que onte aparecía en La Coz de Alicia que era moi clarificadora ao respecto de como facemos neste pais e como fan en paises onde os políticos son xente intelixente. Refírome a unha reportaxe onde se mira como fan en Noruega e como facemos en Galicia, como en Noruega apostan polo transporte en tren e como aquí apostamos por arruinar a terra con inmensas autoestradas, como en Noruega teñen unha renda per capita que dobra á renda per capita galega e como aquí aínda seguimos pensando en clave do século XIX. Aconsello a súa exposición neste foro, porque é moi clarificadora ao respecto deste noso tema. Parecerá incrible, pero nesa reportaxe din que a mellor estrada que teñen en Noruega é unha estrada equiparable a unha estrada nacional clásica, sen sequera carrís de adiantamento, e que iso non é obice para que os noregueses se acheguen dun a outro lado moito máis rápido que nós. ¡Ah!, outra cousa que tamén chama a atención é que non teñen trens AVE, senón os clásicos trens expreso, iso si, uns trens expreso que se moven a 210 quilómetrtos por hora. |
![]() |
| Comunicación y utilidades | Comprar y vender | Información | Ocio |
| • Correo • Tu web gratis • Foros • Chatmania.com • Logos y Melodías • Postales • Guía e-mail • Agenda • Antivirus | • Compras • Subastas • Ofertas • Coches • Móviles • Clasificados • HispaVista Empresas • Viajes • Fotografía • Dominios • Telefonía • Coleccionismo • ADSL • Inmobiliaria • Páginas Amarillas | • LaBolsa.com • Trabajos.com • Guía - Buscador • Noticias • El Tiempo • Horóscopo • Loterías • Formación • Canal Mujer • Blogdiario.com | • MegustasMucho.com • Quedaconmigo.com • Cine • Música • Juegos • Software • Compañeros • Casino Poker |
| Mapa Web - Publicidad - Escríbenos - Notas de Prensa - Trabaja en HispaVista - Investors Relations - Tu sitio favorito Atención al usuario: 807 488 376 Copyright © 2007 HispaVista · Aviso Legal |