|
#1
|
|||
|
|||
|
Seguimos apoiando á "Plataforma Veciñal"
As únicas batalhas que se perden...... sâo as que se abandonam!!! |
|
#2
|
|||
|
|||
|
Unha vez máis, o noso intercesor coas ondas internáuticas, o noso líder mediático e non morganático, o noso egrexio director na sombra chinesa, o noso excelso e paradigmático home de masa gris inmensa, nos instrúe coa súa visión de raios X, capaz de diseccionar á perfección aos animais situados nas Bancadas do Partido Socialdemócrata, facción revoluchunga. (para os desenfornados, e para os que chegaron fora de horario, aconséllase ollar a foto da portada de outubro).
Os comentarios breves, pero certeiros, con que nos acompaña a susodita foto, sitúanos no momento crucial no que os nosos queridos e queridas homes e mulleres públicos, elixidas/os na lista principal e nas secundarias do Partido Socialmemócrata, facción revoluchunga, rama, rama, ramalá, ding, dong, uh, uh, uh......se enfrontan ao soporífero discurso dun representante da Plataforma veciñal antineptos. Non é trivial, non, a postura que cada un escolle para situarse diante da cámara de Siorty, ou de Magar, ou de calquera outro fotógrafo que pasase por alí a inmortalizar o evento. Non. Responde as súas actitudes vitais diante da vida....dos demais. Analicemos, analicemos, non sexamos reticentes. Don Charles, Le Prince de Les Palais des Champs, é captado pola cámara en franca actitude melancólica, como se estivese a escoitar Campanas de Bastabales na voz de Amancio Prada. Por iso di: mórrome de dor ferida. É moi propio (e loable, por outra banda), en quen, como el, é un tradicional lector da obra rosaliniana. Incluso diría que, pola barba, semella un algo a Murguía. Dona Zexy Orge, como diría o noso amigo Mobutu Seseco, é captada polo camarógrafo nun momento delicado, que non fai xustiza ao seu cutes fino, pois ten a cara como introspectiva, mirando para un mundo interior, supoñemos que rico...en matices, tendo como ten que acudir ao consello nasional do BNJ, ao consello de asministrasión da Telegaita e aos plenos soporíferos. Non lle queda máis remedio que recoñecer que o seu interese non está nese pleno. É unha postura que a acerca a Xesús o Nazareno, cando lle dicía a Pilatos: mi reino no es de este mundo. ¡Pobriña da tola!, cantaba Xoán Pardo. Dona Pura Serrano, esa gran descoñecida dentro do BNJ local, poren parece escoitar con interese, para facer logo os deberes que lle mandou o profesor para casa. A proba, para quen queira advertila, está en que o fotógrafo captouna coa mirada firme, pero doce, o peito alto, o sentar sereno, e pousado, claro. É dicir: non podemos nominala durante esta semana, senón que permanecerá outra semana máis, estudiando na equidemia. ¡Porque permanece atenta!, É de xustiza deixala, pobriña tamén, non se mete con ninguén. Poderiámoslle cantar arrorró, ou: “ya va siendo hora de que los peques nos vayamos a la cama”. Don Manual Pérez Prado e Collón de Carajal, é captado polo escenógrafo nunha postura non moi loable, é certo, pero hai que recoñecerlle que, ao contrario de dona Pura, non tivo moito tempo para facer os deberes. O certo é que anda moi ocupado facendo de concelleiro de gandos, roupas e trebellos, amais de dedicarse a mandar xente para a illa, na espera de mellor ocasión para resucitar o penal e meternos a todos os de Indiredo e foro Cousas de Redondela dentro. É lóxico que, con tantas ocupacións, o home non tivese tempo para pórse ao día e tivese que copiar. Esta semana, Manoel, tampouco estás nominado para abandonar a equidemia. Seguirás sete días máis, agardando que deixes de copiar para poder aumentarche a nota. Poderiámoslle cantar aquilo de “Dende San Túzaro a Tirao ando por toda la villa, con la falda meneada hasta la pachochilla...” Dona Mónica con Carreira é captada no daguerrotipo en actitude moi loable. Houbo un momento que pensamos se é que ía rezar, por tal e como baixa a mirada, ou a pedir perdón por estar onde está e con quen está, pero non, non era iso, non. ¡Estaba estudiando! É normal, ela que aos seus anos aínda non saíu do instituto. Poderiámoslle cantar aquilo de: quince años tiene mi amol, quince años, como una flol...do Dúo Dinámico (e non o dicimos por Emilio e Nolete, non, senón por Manolo e Ramón, ollo.) Dona Mariví Dominguín Reboredo e outras parroquias é captada (para a secta), despois de que o período de sesións municipal percorrese máis da metade do seu traxecto, pero aínda así, Mariví, ¡que nome máis toureiro, verdade!, é captada polo cine-asta en actitude relaxada e máis que sobrada. Nótase que, aínda levando tan pouco tempo, de seguido atopou acomodo na nosa particular carreira de San Xerónimo. Marivi, polo teu máis que demostrado savoir faire (hoxe coñecemos que tes a un sobriño traballando no concello, ademais de a dous irmáns), tampouco te nominamos para saír da equidemia. Permanecerás nesa mesma postura, sen moverte pero nin un ápice, outra semana máis. Despois, non te preocupes, levarémoste a Caldas de Tui, onde seica hai un arrejlista de osos moi bo. Para ti dedicámosche un pasodobre toureiro, escolle o que máis che guste. Home, don Emilio Il Padrone, Il Confalonieri, Il Condontierno ¿ou dirase condotiero? -o certo é que os meus coñecementos de italiano son moi básicos- é un dos clásicos deste nobre salón do trono de quen non sae na foto. Pois ben, don Emilio, un clásico onde os haxa, foi inmortalizado no momento en que aburrido quizais, ou tomando notas, pode ser, se pregunta, como fai sempre que topa persoas diante: ¿Que carallo falará este home? Non, non imos nominalo, porque Emilio, por moito que algúns pensen que se trata doutro túzaro arrogante que se cree por riba da intelixencia media dun ourizo cacho, non é nada diso, non. Tampouco é certo que se Emilio fose muller sería misóxina, nin tampouco é certo que Emilio, se fose traballador, xa estaría despedido, nin tampouco é certo que se fose ventilador escollería unha corte para espallar merda. ¡Non, negámolo categoricamente! Emilio, en todo caso, é o clásico osito que atoparía acomodo cos VillagePeople, esa banda tan peculiarmente americana. Por esa e por outras razóns, Emilio: tampouco estás nominado. Deberás permanecer coa cabeza nesa postura durante toda esta semana. Para a seguinte, xa veremos que facemos contigo. Inestimable Emilio, dedicámosche, de corazón, a banda sonora de O Padriño, primeira, segunda e terceiras partes (todas as partes son boas, cando se trata de ti). Don Duardinho Cabeza de Vento é visualizado polo cameraman nunha postura dual (lóxico, se pensamos que el é Dualdo en diminutivo). Se ben é certo que parece atento, tamén podemos advertir que, trala súa mirada atenta, non existe máis ca vento, como corresponde a tan egrexio pensador. Máis ben, pensamos, é unha actitude de estatua. Por tal motivo, porque quedas moi ben como decoración, Duardinho Cabeza de Vento, tampouco imos nominarte nesta ocasión, agardando que, no futuro, alguén decore con máis gusto o salón. ¡Total, para facernos un calvo! Iso pode facérnolo calquera. De feito, trala postura do grupo intuímos que nos estades a facer un calvo comunitario, ¿non si? Non sei moi ben o porqué, Duardinho, pero como a túa presencia sempre me chama á tenrura, dedícoche aquela canción de Roberto Carlos que dicía: El gato que está, triste y azul, nunca se olvida..... de su comida ¿ou dicía doutra forma?........ Son tantos anos que case nin me lembro. Dona Laura Pausini é cantada pola cámara, pero non coa singular beleza que a caracteriza, non. E a culpa non é toda da cámara, senón dela mesma, que tapona a súa fermosura cun puño pechado, o que non se corresponde coa súa ideoloxía. O certo é que está pensativa, ou dubidando. Non sabemos se porque realmente pensa en se apagaría o forno ou se dubida se o seu sitio é aquel ou o das bancadas de fronte, cos do partido Copular. Poderiámoslle cantar Lady Laura, tamén de Roberto Carlos, pero quizais mereza máis “a saia da Lauriña ten un lagarto pintado, cando a Lauriña baila, o lagarto do lado move o rabo...” Don Carlitos de Chapela foi asolagado pola cámara nunha postura que non deixa lugar a dúbidas. Trátase dun intelectual de fondo calado e alto nivel cognitivo. O que pasa, seguramente, foi que se lle meteu un virus polo hipotálamo e deixouno así de pasmado. ¡Unha magoa, seguramente! Menos mal que nalgunhas tabernas de Chapela segue a manter un fondo nivel dialéctico. Poderiámoslle cantar aquilo de “xa mo dixo teu pai, que te saque a pescar, e no medio da ría te deixe fondear, te deixe fondear, te deixe fondear, xa mo dixo teu pai que te saque a pescar”. Devolvemos a conexión aos nosos estudios centrais en Prado del Buey. |
|
#3
|
|||
|
|||
|
Agardamos que o noso líder mediador modelador nos faga o agasallo doutra fotografía do mesmo pleno, pero enfocando ás bancadas "populares", para que republicaouanarquía nos faga outra disertación fsobre eses outros fósiles.
|
|
#4
|
|||
|
|||
|
Cita:
Pensabase facer mais na foto desa beira aparecen escasas aves, aínda que sae a gaivota real, polo que decidimos que non pagaba a pena poñela. En troques, para a semana, imos poñer unha foto completa de todos votando. Temos avisado ao noso psiquiatra, traballará pouco xa que namais que ten que ocuparse dos cerebros, e a un forense para o análise dos instintos primarios e os condicionantes. Agradezamos que as fotos son cedidas por O.A.R. (Organización Activista de Redondela) Desculpe vostede. |
|
#5
|
|||
|
|||
|
Hoxe de mañán, ao ler varias viñetas de "El Roto", lembrábame da nova circunvalación e do amor que os políticos nos teñen, e do moito que nos consultan....cando do que se trata é de mellorar a nosa calidade de vida. ¿Seguro?
A primeira das viñetas correspondíase coa visita dun ministro e o seu séquito a un emprazamento na natureza, entablándose unha conversa entre o ministro e o seu segundo nestes termos: -Ese río me lo traen pacá, esas montañas me las llevan pallá y esos pueblos quítenlos denmedio. -¡Si, señor ministro de Medioambiente! Outra das viñetas correspóndese cun inmenso cartel, diante dun caudaloso río, para avisarnos aos cidadáns do moito que traballan por mellorarnos tamén a nosa calidade de vida. O cartel di así: Estamos llevando el río al desierto y trayendo el desierto al rio. Disculpen las molestias. |
|
#6
|
|||
|
|||
|
Outra ( e última) viñeta de "El Roto":
¿Como conseguís que parezca progreso lo que nos está matando? ¡Con muchos adelantos! |
|
#7
|
|||
|
|||
|
Acabo de ver a segunda fotografía do pleno, aquela na que os nosos queridos e queridas erguen a man (cada un da súa peculiar forma). Moi chachi piruli, mocho, mocho, mocho...........
Encántame Maricarmiña do Pepé, adiantando a súa man, como se fose bicarlla o príncipe das mareas....pero tamén me da gusto ver a nosa lideresa local de todas as dereitas, repantigada contra do asento e erguendo o seu fino dediño ao ceo, como se dixera: "juro que nunca máz volveré a passar por esto". A mi la región!...y el Correos Gallegos, ou algo así. Tamén é interesante o puño fecho de don Charles Le Prince de le palai royal (ou flanin), como se quixera dicir: eu son como a virxe do puño, ou eu que sei..... Efectivamente, ten interese como a nosa querida nena do exorcista ergue, xunto a maricarmiña, a man contraria a todos os demáis, amosando quizais, como apunta felinoavelino, a súa verdadeira faciana. Dame un algo de pena o que se intue tralo brazo de maricarmiña, a raiña das sardiñas. Refírome a don Haxa Paz, alias Fermín, que leva unha man ao alto e a outra á sen, como se lle doese algo, non sei se a vista, ou o oído ou o olfacto (todo ten cura despois pola noite, releendo a monseñor Escriba, Fermín).... Por outra parte, don Pasmado segue, incluso cando ergue o brazo, coa mesma actitude vital diante do plenario. Para min que conseguíu un pleno ao quince e quere facer o despistado. Xa non dou máis, estou canso, pero antes de retirarme aos meus apo-sentos, quixera indicarlle a Paqui que ten que ter máis coidado con esas posturas, que pode fastidiar a espaldilla, muller, e logho vas ter que ir a un médico dos juesos. |
|
#8
|
|||
|
|||
|
Téñenme dito que o alcaide tense xuntando por varias veces cos membros da Plataforma Antivariantes, e que pouco a pouco vailles soltando a súa verdadeira mensaxe: "¡Redondela, finalmente, no va a quedar incomunicada del resto del mundo. Algo habrá que hacer!".
El, e o resto dos corporativos, cando menos os corporativos que pintan algo e non só erguen o dedo para votar, son sabedores dende sempre do que se quere pintar connosco. A famosa variante, que para nada é circunvalación de Redondela, é parte dunha autoestrada que se iniciará en Vilaboa e irá a dar a Puxeiros, destrozando, xunto co AVE, as liñas de alta tensión para Vigo, o aeroporto, esa tubería que vai vir dende o porto seco de Salvaterra ata Redondela e tantas outras cousas, o término municipal de Redondela. Unha estratexia que sempre lle da resultado ao señor Rey, é a de sembrar cizaña entre os membros da Plataforma, tratar de dividilos, levar algúns a súa corte, tratar de facerlle comprender aos máis receptivos e "sensatos" que hai cousas que, por moito que non queramos, imos ter que aguantalas. Unha posibilidade pasará por vendernos que se vai botar abaixo o escalextric, acompañada dalgunha carallada máis. Sei que hai xente moi intelixente entre os compoñentes da Plataforma, pero a raposería do alcalde é moita. Agardo que non sexades fáciles. El está acostumado a comer á xente con patacas, e logo, unha vez dixerida, lembraros botando unha vista atrás, sempre acaba botando aos pimpíns fora. Posdata: O raposo leva uns días moi fino, facendo campaña, traendo á conselleira para dar conta dunha millonada de inversións públicas, que vai vender como producto do seu traballo, e aínda nos vai deparar algunha chisterada máis. Tempo ao tempo. |
|
#9
|
|||
|
|||
|
Cita:
¿Non pensas que pode haber outras alternativas ós camiños de asfalto? |
|
#10
|
|||
|
|||
|
Cita:
Por suposto que si, pero está difícil. Por unha parte, romper co utilitario, ou usalo só cando realmente non nos quede outro remedio, é unha cuestión a moi longo prazo, pois non estamos educados. Tamén hai que recoñecer que a dispersión xeográfica en Galicia non axuda moito. Temos que contar con que arredor do coche xira hoxe en día a economía mundial: a extración, refinado e venda de petróleo, a construción e venda dos coches, o negocio das aseguradoras, os grandes negocios das grandes compañias fabricantes de macroinfraestructuras...e paro do dicir, porque senón estou ata mañán escribindo. Todo iso significa que hai moitos poderes necesitados de seguir devorando terras e pintandoas de asfalto. De todas formas hai pequenos xestos, que pasan case imperceptibles, como evitar ou dificultar o tráfico nos cascos urbanos (os exemplos de Florencia e certas partes de Londres). Pero claro, para seguir o exemplo desas cidades hai que tratar de optar polos servizos públicos (ferrocarril, autobús, transporte pesado por ferrocarril e non por autoestrada, etcétera). É moi complexo. O que non axuda para nada a que deixemos os redondeláns o noso carricoche nas nosas casas é a falta de transporte público axeitado, próximo e amplo de horarios. ¡Se incluso polas noites non hai taxis, só na fin de semana! Por dicirche algo que me chamou a atención hai pouco, nunha visita a Barcelona, foi o saber que entre unha poboación como Premiá e a capital catalana hai cento e pico de trens diarios, que levan aos premianens directamente ata a praza de Cataluña, que como sabes é o centro da cidade. Pero claro, Barcelona é Europa e o resto está por ver, por moito que lles foda aos fachas. Imaxino que, se trouxeran de novo a estación do ferrocarril de Redondela a onde estaba antes e, ao mesmo tempo, no monte de don Pancho, que está pegado, construísen a estación de autobuses, e houbese dende esa estación de autobuses pequenos microbuses que levasen aos redondeláns dende alí ata as distintas parroquias, igual se axudaba moito a crear conciencia cidadán. Porén, a política municipal de don Xayme non vai por aí. Si é certo que, a mandato da súa esposa, paréceme, sempre me pareceu, está pola peonalización, si, pero unha peonalización que conleve facer outro burato máis no chan, para gardar os coches dos que veñan a Redondela. No fondo non están pola labor que che digo, senón por facer máis caixa, el e, lóxicamente, os que arrenden os solares públicos. A nivel do Estado, dende hai moitos anos optouse polas autoestradas en vez do ferrocarril, e iso é absurdo. Pensa no que ocupa unha autoestrada e a súa zona de afectación, e o que ocupa unha via do tren. No mesmo espazo que se pon unha autoestrada, poderíanse construir EQUIS POR EQUIS vías do tren, que desprazasen tanto ou máis mercadorias e persoas que varias estradas xuntas. Outra cousa que me parece absurda, polo que ten de destrozo do territorio, é esa moda do AVE, un tren que non transporta mercadorías e que o único que fai é levar xente a unha velocidade que non pode competir coa do avión, pero creando a ambolos dous lados barreiras infranqueables. Para iso, entendo, sería moito máis rendable dende o punto de vista ecolóxico esnaquizar unha zona concreta do territorio creando un aeroporto que estropeando todo o territorio de aquí a Madríd. A min paréceme absurdo. Non sei como o verás ti. |
![]() |
| Comunicación y utilidades | Comprar y vender | Información | Ocio |
| • Correo • Tu web gratis • Foros • Chatmania.com • Logos y Melodías • Postales • Guía e-mail • Agenda • Antivirus | • Compras • Subastas • Ofertas • Coches • Móviles • Clasificados • HispaVista Empresas • Viajes • Fotografía • Dominios • Telefonía • Coleccionismo • ADSL • Inmobiliaria • Páginas Amarillas | • LaBolsa.com • Trabajos.com • Guía - Buscador • Noticias • El Tiempo • Horóscopo • Loterías • Formación • Canal Mujer • Blogdiario.com | • MegustasMucho.com • Quedaconmigo.com • Cine • Música • Juegos • Software • Compañeros • Casino Poker |
| Mapa Web - Publicidad - Escríbenos - Notas de Prensa - Trabaja en HispaVista - Investors Relations - Tu sitio favorito Atención al usuario: 807 488 376 Copyright © 2007 HispaVista · Aviso Legal |