|
|
|
|
Herramientas | Visualización |
|
#1
|
|||
|
|||
|
Agora que nos acercamos, despois de tantos días de coaresma, á Semana Santa, quero plantexar sen máis dilación o seguinte:
¿Cal é o motivo para que se siga co anacrónico discorrer de varias figuras de cartón pedra, madeira ou mesmo pedra, dando voltas polas rúas da vila, facendo que se vai enterrar a alguén que, supostamente, morreu hai case dous mil anos? ¿O Comisario de Sanidade europeo está enterado de que andamos a pasear un cadáver polas rúas? No caso de que estea enterado, ¿que opina deste exercizo de necrofilia? Crer ou non crer en chaladuras é un asunto que afecta ao ámbito do privado, e o que a min me parece unha chaladura, para outros perfectamente non ten porque selo. Agora ben, dende o momento en que a chaladura duns individuos e individuas provoca que os que non cremos nelas teñamos que apandarnos e fodernos, xa non é asunto que afecte ao ámbito do privado, senón do público. Advirto ao Colectivo Republicano de Redondela, que supostamente debera de buscar o camiño cara á Terceira, a definitiva que teña por lema, ademais de liberdade, igualdade e fraternidade, o de laica, moi laica, que terá que tomar cartas no asunto, e recomendar aos partidos políticos que se declaran laicos, que prohiban aos seus munícipes o participar en procesións como munícipes, e que en todo caso, o fagan como individuos e non como representantes políticos. O ideal sería preparar unha ruta arredor do adro, pero sen sairse, unha especie de procesiodromo...no que o cura, Fita e as súas colegas desen voltas e máis voltas arredor de si, ata que caísen da burra. |
|
#2
|
|||
|
|||
|
Esta difícil, moi difícil, que Fita e as súas caian da burra, entre outras cousas porque as procesións pola vila adiante serven para lucir os seus particulares "palmitos", adobiados coas estolas de coello e as medias negras, para facer xogo coa roña que levan nas unllas.
Se, como dis, se fixese un procesiódromo polo adro, o único que se enteraría da moda sería don Benito, provincia de Badajó, e non é iso. Amáis que, sen procesións pola vila, ¿que ía ser do papón do señor alcaide e dos concelleiros da leal opussación? ¿Onde poderían sentirse importantes os Vastos, as Caquitas, os Imiliosmecheiranospés, as Lauras Ingells e os MedioMetrossexuais tipo Mulete? Sentidiño, que todo ten un por qué, e non vai ser tan doado acabar coas sectas destructivas. |
|
#3
|
|||
|
|||
|
quedo popoñer ao colestivo depublicano de dedondela o zeguinte:
que xa que vai estar difisil acabá cas pocesións pola vila adiante, que se adiquen a poñer bandeiras republicanas por onde discurra. |
|
#4
|
|||
|
|||
|
está claro que discurres, mobutu. segue así, que dentro de pouco vas poder estar de visir no sitio do visir, ocupando o lugar do talibán, e ¡quen sabe!, igual derrocas ao teu primo.
Igual che fago caso no das bandeiras, ves, e igual inzo redondela de bandeiras republicanas. |
|
#5
|
|||
|
|||
|
Estou que non sei se ir nas procesións de Semana Santa, para amosaros a miña verdadeira fasquía: republicana, laica. ¡Viva a liberdade de pensamento!
Esto é o que me pide o corpo, pero non, non podo, teño que ir. Sabedes que se non vou, a miña esposa será quen de matarme a ostias, xunto con don Benito, provincia de Badacoz, e terei que aparentar que son crente practicante e médico, pero que saibades todos os meus votantes republicanos que eu reivindico a república, coma vós, como o meu partido, como Paco Rabánvázquez, etcétera. |
|
#6
|
|||
|
|||
|
Onte, día 11 de abril, visitei o cemiterio vello dos Eidos. O deterioro do recinto é máis que evidente. Dun ano para outro non só se acomete unha limpeza en condicións, para evitar que as hedras, as herbas e os restos sigan o seu avance, senón que non se acomete, por parte do concello, unha reparación urxente. Tampouco se limpou a herba do chan, co que os que nos acerquemos o día 14 ata a foxa común, non nos veremos os pés.
Ademais, un paxariño díxome que algún ocurrente, está a pensar en levar os restos de don Telmo Bernárdez para o cemiterio novo, para renderlle alí unha homenaxe chegado novembro, nun lugar máis apropiado, supoño, máis en consonancia. O cemiterio dos Eidos está sendo asulagado polo avance imparable do ladrillo e a especulación máis noxenta, e como non hai a valentía de botalo abaixo dunha vez, estase a procurar que caia el só, para presentalo no seu día como un feito consumado. Os republicanos de Redondela non poden consentir que esta barbaridade vaia adiante. Tampouco poden consentilo os membros de Alén Nós, que no seu día xuntaron unha morea de sinaturas para evitar a súa desaparición e a declaración de Ben de Interese Cultural por parte da Consellería de Cultura da pasada Xunta de Galicia. A vila de Redondela non pode permitir que unha das xoias, das poucas xoias que quedan do seu pasado desapareza. Tampouco pode consentir que vaia esmorecendo pouco a pouco, pasiño a pasiño, como se nada. Estannos a quitar pouco a pouco o escaso que queda do noso pasado e non podemos calar. É necesario facer algo urxentemente. |
|
#7
|
|||
|
|||
|
¡estou totalmente dacordo!
quizais vaia sendo hora de retomar o tema do de Ben de Interese Cultural, que os outros colectivos que existen en redondela boten unha man e cooperemos entre todos, con independencia do que logo defendamos cada un, para que non movan nin unha sóa pedra do cemiterio vello. O cemiterio é de todos, dos republicanos, dos amigos da historia, dos familiares dos que alí están, dos veciños de redondela, de todos, absolutamente de todos, e ningún "culto" ou "intelixente" de tres al cuarto nos pode quitar unha sóa pedra de alí. |
|
#8
|
|||
|
|||
|
Tedes toda a nosa colaboración total na defensa do tema do que falades. Xa no ano 2000, concretamente o 27 de abril, manifestamos a nosa opnión mediante comunicados á prensa, publicados na sección de cartas do "Faro" e do "Atlántico".
Texto que se é procedente podemos poñer nunha sección da güev. Miaus
__________________
FelinoAvelino
|
|
#9
|
|||
|
|||
|
Ola:
Sinto botar un xarro de auga fría pero polas informacións que teño o cemiterio está prácticamente condenado a súa demolición, artellaron o tema de tal forma que sería moi custoso conservalo. Ogallá houbera unha forma de conservalo porque con el cairá unha parte esencial do noso patrimonio. Ademais se está producindo o roubo de elementos decorativos das tumbas como se pode ver na tumba que está entrando a dereita rematada por unha columna, roubaron as catro acróteras que tiña nas esquinas. Outra desaparición máis curiosa e a de tódalas lousas soltas que había na esquina norleste e por certas partes do cemiterio así como os marcos metálicos. O muro de peche ameaza ruina en varios puntos e no lado leste caiu cando se construíu un edificio no terreno anexo, provocando ademais que varios panteóns estén caidos cara atrás e outros hacia un lado. Por non falar do lamentable estado do mausoleo de Isidoro Queimaiños que de non ser restaurado en breve prazo de tempo cairá o cha, a día de hoxe presenta unha inclinación moi acusada. Sumémoslle a iso os drogadictos que usan o recinto para chutarse e os innumerables roubos que sufriu a capela por parte destes mesmos elementos para conseguir os cartos do esmoleiro do peto de ánimas. Un saudo |
|
#10
|
|||
|
|||
|
Volvendo ó tema das procesions necrófagas, eu opto por unha republica totalmente laica, pero creo que as persoas catolicas apostolicas e romanas, poden facer esas manifestacions sempre que soliciten o permiso ó igual que calqueira acto na via pública.
Outra cousa é que eu Carucho prohiba un acto no cal eu e os meus secuaces gañamos os votos dos feligreses. E se non vede a maxistral maniobra miña, na cal marchei de vacances de venres a mércores (dias laborables) e volvín a tempo de facer o meu traballo detras dos capirotes do señor cabrito e dositeo. |
![]() |
| Comunicación y utilidades | Comprar y vender | Información | Ocio |
| • Correo • Tu web gratis • Foros • Chatmania.com • Logos y Melodías • Postales • Guía e-mail • Agenda • Antivirus | • Compras • Subastas • Ofertas • Coches • Móviles • Clasificados • HispaVista Empresas • Viajes • Fotografía • Dominios • Telefonía • Coleccionismo • ADSL • Inmobiliaria • Páginas Amarillas | • LaBolsa.com • Trabajos.com • Guía - Buscador • Noticias • El Tiempo • Horóscopo • Loterías • Formación • Canal Mujer • Blogdiario.com | • MegustasMucho.com • Quedaconmigo.com • Cine • Música • Juegos • Software • Compañeros • Casino Poker |
| Mapa Web - Publicidad - Escríbenos - Notas de Prensa - Trabaja en HispaVista - Investors Relations - Tu sitio favorito Atención al usuario: 807 488 376 Copyright © 2007 HispaVista · Aviso Legal |